Corona Borrajo, Areás.

Published 2022-02-01
Visitamos a Corona Borrajo na sua casa en maio de 2014.
Tiña 85 anos cando chegamos ao alto de Areás. na parróquia de Almariz, en Xunqueira de Ambia, Ourense.
Sabiamos que na zona habia unha muller que tocaba e cantaba de medo, e só coñeciamos o seu nome, Corona.
Aquela tarde rematamos de gravar a outras veciñas de Sandiás, en Ourense, tamén. E, logo de coincidirmos con Paco Cabilhas, cunha imensa casualidade, ele levou-nos ver a unha muller brava, amábel e feita de ferro. Ao chegar à sua casa estaba a traballar , como fixo toda a vida, no agro.
Falamos das mecadas de antroido, das feiras de Maceda, Allariz e da estrada vella a Castela. Tamén de como aprendeu a bailar ou a tocar (a sua nai e o seu pai sabien facer o un e o outro mui ben), e como eran os Fiadeiros na zona (jota, muiñeira, "e os agarrados todos"). Tocou-nos un pouco de todo, un par de muiñeiras, jotas, unhas rumbas, un par de cantos..., e contou-nos muito. A cámbio dunhas galletas. Sempre tanto por tan pouco....

Óbris, Paco Cabilhas, e óbris, Corona!!

All Comments (1)