Bando de Reis de Neira de Rei (5 de xaneiro de 2012)

Published 2012-01-22
Logo de 60 anos (confirmado) sen que os Reis soaran polas portas das casas en Neira de Rei, un grupo de veciños e veciñas (de todas as idades) con muito ánimo reuniron un BANDO DE REIS ("bando" chaman nesta zona aos grupos que saen ANDAR OS REIS) para recuperar esta interesante tradición.

Montamos, desta volta, cinco dos cantares que soian cantar o dia 5 de xaneiro (unicamente o 5 de xaneiro).

Para iso seleccionamos algunha das distintas versións que soaban polo val do Neira. Nun par deles optamos polos que cantaban na banda de Becerreá, no resto tiramos para a banda de Baralla.

O mellor foi ver ao povo unido, arrimando o ombro.

O vídeo que subo está formado polas gravacións que fixeron Arturo e Jorge, da TVG,incluido o momento da papatória do aguinaldo (a cata do agruinaldo comezou bastante mais tarde!, e xa quedamos outro par de veces para seguir a comer e beber xuntos, co recibido...).

Unha tradición a recuperar, bonita, nosa (nada que ver coa festa mercantilista-consumista que se ve agora....!)

All Comments (4)
  • @CarlosDavidNeyra
    Há muito tempo a minha família saiu desta região, desceu para a Espanha e depois para o Brasil. Conheci Neira de Rei apenas de passagem em 1997. Saudações desde São Paulo
  • A família da minha companheira mora em Neira de Rei. É por isso que eu conheci a contorna e à gentinha... Um abraço!