Maghúa - Vila da Igrexa

Published 2023-11-15
Maghúa
Interritmos: Sons do Rural
Estudios Mans
Arquivo APOI

Maghúa, como un dos grupos gañadores da edición 2023 do Interritmos: Sons do rural, gravamos en Estudos Mans uns temiñas, e o vídeo que os acompaña.

Vila da Igrexa (ou Eirexa) é un lugar do concello coruñés de Cerceda.

Hai 43 anos, en marzo de 1980, unha rapaza de Basileia chamada Dorothé Schubart., e o galego Antón Santamarina entraron na cociña de Rosa e Adolfina Casás.

Como curiosidade, as gravacións que nos serviron de base a esta reelaboración foron cedidas polo neto e afillado das duas informantes, Ríchi Casás. Son as recollas que fixeran os investigadores hai 43 anos, e que formarán parte da compilación do Cancioneiro Galego. Hoxe están dixitalizadas no Arquivo ddo Património Oral da Identidade (APOI), no Museu do Povo Galego. apoi.museodopobo.gal/

Queremos agradecer a Marta, David e Héctor o seu bon facer, a sua paciéncia, e a sua disposición.

Tamén a quen convocou o concurso, a quen fixo que chegaramos à final, e a quen valorou a nosa proposta, e a quen apoia a causa punki da música tradicional. E, claro, a quen enche os torreiros coa roda da vida.

A quen nos atura, sempre, sempre.

Sobre unha ideia dos compañeiros Serxo Maceira e Xosé Carro.

Áudio: Estudos Mans, David Paredes.
Vïdeo: Estudos Mans, Héctor e Marta R

Maghúa somos:

Serxo Maceira
Serxio Pérez
Xiao Mogín
Nacho Couselo
Manu Fontes
Xosé Carro
Davide Leira

All Comments (10)