Maghúa - Xirazga

Published 2014-12-13
Xirazga. Tema extraído do noso traballo discográfico "Mátria" (Inquedanzas Sonoras, 2014).

É un tema tradicional. O tradicional non é de ninguén, porque é de todos e todas. Non hai copyright que sirva.

Tema recollido por nós, gravvado na nosa casa, igual que a ideia e realización do vídeo é obra de quen citamos abaixo.

Sra. Eurosia e outras veciñas. Alén, Xirazga, Beariz, OU

Ás beiras do río Doade atopamos un dos lugares de Ourense máis visitados polos recuperadores de tesouros...

No lugar de Alén coñecemos, e aprendemos, da Sra. Eurosia e outras veciñas tanto soltos como agarrados. Jotas, muiñeiras, pasodobres..., e o tremelique. Na jota e na muiñeira que recollemos aquí, destaca o salto, aparentemente sinxelo, que reproducen neste lugar após da copla.

Paraxe para degustar, tanto co ouvido, como co estómago e a vista... Aproveita, se visitas o lugar, para facer unha das moitas rotas de sendeirismo, e desfrutar, de poder, dunha boa pandeiretada!

Con esta pandeiretada decidimos gravar o noso primeiro vídeo clipe "oficial".

Gravado no local coruñés A Repichoca, da mao dos fotógrafos e amigos Juan Luis Rua e Luisa Patiño no mes de santos (novembro) de 2014.

Participaron unha série de amigos e amigas, aos e às que queremos agradecer, de todo corazón, a sua participación. À nosa família d'A Repichoca (Checha, Noa, Chúri e Chéli), que fan da sua casa a nosa. A Checha, por facer de Checha. A Xela, por facer de Xela. Aos bailadores (Marta, Natália, Iago e Esteban), aos madeiros (Alejandro e Ramiro), e a quen lles permitiu ser madeiros, Paco. Aos que vos achegastes ali, aquela tarde-noite na que habia un derbi entre unha equipa merengue e outra blaugrana, dando azos e calor, contra todo pronóstico....

A Juan Luis e a Luisa, por estardes sempre aí, e sacar sempre o mellor de nós...

Para acompañar o alumbramento do noso segundo traballo discográfico, baixo o título de Mátria.

All Comments (1)